Xornadas de portas abertas dos viños de Galicia.26/5/12.


Monterrei • O Ribeiro • Rías Baixas • Ribeira Sacra • Valdeorras ¿En que consiste a xornada de portas abertas? A Xornada inclúe a visita guiada e gratuíta ás adegas participantes na promoción. Todas elas terán as súas portas abertas durante este día. Dependerá da túa elección visitar unha ou varias das que atoparás identificadas nesta guía. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras. Tamén atoparás unha serie de restaurantes onde poderás xantar aproveitando a oferta especial deste día. Os menús compoñeranse de primeiro e segundo pratos, maridados ambos con viños da Denominación de Orixe na que te atopes. O prezo final, con IVE, será de 25 € e levará incluída a sobremesa. Os restaurantes adheridos a esta promoción ofrecerán ademais menús infantís para os nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos. O prezo destes menús infantís será de 10 € (ive incluído). E en cada Ruta poderás atopar ademáis un programa especial para ese sábado 26 de maio. Haberá catas comentadas, visitas guiadas aos cascos históricos de Ribadavia, Monforte..., obradoiros especiais para nenos, descontos en aloxamentos e outras actividades relacionadas co mundo do viño. Información procedente de Xunta de Galicia. Más información sobre las jornadas en www.turgalicia.es