Festa do Carneiro ó Espeto,29 de Xullo en Moraña,Pontevedra.


Vellas cancións refírense a Moraña como terra de canteiros e de arrieiros que andaban o camiño da montaña ao mar. Espazos polos que aínda corren en liberdade os cabalos salvaxes que terán a súa rapa das bestas. Riqueza natural aproveitada polos seres humanos desde a prehistoria, segundo se pode comprobar nos restos encontrados e con gran riqueza agrícola e gandeira. Municipio no que, cada oito de setembro, se venera a Virxe aparecida nunha fonte, en Amil. Esa historia de vila nacida do camiño fai que o último domingo de xullo celebre unha das súas mellores tradicións culinarias, agrarias, rurais, tamén melloradas co traído e levado a eses asentamentos de Hispanoamérica, tan leais a estas tradicións do churrasco e da grella: a Festa do Carneiro ao Espeto segue, amplía e mellora unhas tradicións solidarias que veñen de moi atrás e pasan polo medievo na forma de preparalo. Esencial ao banquete solidario é o viño Salnés, o bo "espadeiro" das ribeiras do Umia, cantado por poetas e que tempera a conversa e o manxar. Info facilitada por Turgalicia.