A Rosaleira e o Grupo Nove receben o recoñecemento dos Premios de Gastronomía de Galicia.


Clarisa Fernández Muñiz de Casa Sánchez en Coristanco (A Coruña); María Luz Otero, do Restaurante Descalzo en Taboada (Lugo); Miguel Álvarez Cañal, do Restaurante Valilongo, da Teixeira (Ourense), e Dolores Vilanova Tallón, de Casa Castro en Vila de Cruces (Pontevedra) recibirán este ano os XIX Premios de Gastronomía de Galicia ao “Labor de Toda unha Vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación profesional destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas. O xurado dos Premios de Gastronomía de Galicia, presidido polo subdirector do Centro Superior de Hostelería de Galicia, Luis Rial Sierra, e polo alcalde de Lalín, José Crespo como vicepresidente, estivo integrado polo presidente da Asociación Gastronómica Amigos da Cociña Galega, José González Solla; o presidente do Club Gastronómico Rías Altas, José Martínez Vidal; pola Asociación Gastronómica Xantares, Alfredo Castrelo Vázquez; polo restaurador local e membro de Eurotoques, Lareira e Xantares, José Luis Iglesias Cabanas; por José Antonio Rivera Casal, delegado en Galicia de Eurotoques e polo concelleiro delegado de Turismo de Lalín, José Antonio Rodríguez. O restaurante Abastos 2.0 de Santiago de Compostela alzouse co Premio ao profeisonal que máis se distinguiu na potenciación da Cociña Galega en Galicia e o Restaurante Lúa, de Madrid obtivo o Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da Cociña Galega fórá de Galicia. O Grupo Nove, conformado por cociñeiros de vangarda, resultou gañador do Premio á entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos e A Rosaleira, www.yosoydegrelos.com, pertencente ao Grupo Terras Gauda levou o Premio á empresa que máis axudou á Cociña galega pola difusión de técnicas innovadoras de cociñado a partir de ingredientes naturais. A entrega dos Premios de Gastronomía de Galicia, organizados polo Concello de Lalín en colaboración coa Secretaría Xeral para o Turismo e as Asociacións Gastronómicas de Galicia, terá lugar no transcurso da Gala da Gastronomía de Galicia que se celebrará o venres, 1 de febreiro, no “Lalín Arena”, retransmitida en directo por Televisión de Galicia. www.lalin.org,elclubdelsommelier@gmail.com