A Xunta destina este ano máis de 1,8 millóns de euros á promoción do viño galego en mercados de terceiros países (fóra da Unión Europea). A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, anunciou a próxima publicación no Diario Oficial de Galicia da Orde de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países para o 2013

                      Estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), teñen como principal obxectivo aumentar a información sobre os produtos galegos –neste caso o viño– en países terceiros, así como a súa comercialización mediante diversos programas e actividades de promoción.  Poden acollerse a estas axudas empresas vinícolas, organizacións de produtores e organizacións interprofesionais, asociacións de exportadores e consorcios de exportación, órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas vitivinícolas e entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas por empresas do sector.  Tal e como explicou a conselleira, estas axudas enmárcanse na política xeral da Consellería a prol dunha mellora da comercialización da nosa produción primaria, tanto do agro coma do mar. Trátase de poñer en valor a excelencia das nosas producións e facilitar a súa saída nos diferentes mercados, tanto dentro como fora de Galicia, segundo explicou Rosa Quintana.Fuente:Medio Rural e Mar    
                                             www.medioruralemar.xunta.es