XLIII edición da Festa da Augardente de Portomarín.Rosa Quintana definiu o augardente de Portomarín como paradigma de calidade, e destacou este licor como reflexo da nosa tradición e símbolo da nosa cultura. "Unha bebida que antigamente era considerada dos pobres e hoxe é valorada por todo o mundo, converténdose en sinal de identidade de Galicia e ingrediente principal da tan coñecida queimada, dixo. Un destilado que cobra forza e que fai desta romaría unha festa “enxebre, popular e peculiar como hai poucas en Galicia”, engadiu

                                      www.medioruralemar.xunta.es