XVI Encontro co Viño de Autor de Bodegas Artesanas DO Rias Baixas.Do 24 ó 28 de Xullo en Meaño,Pontevedra.Programa
Dende 1997, vense celebrando o ENCONTRO CO VIÑO AUTOR, en Meaño, organizado pola ASOCIACIÓN DE BODEGAS ARTESANAS - RÍAS BAIXAS, formada para promocionar e os seus viños albariños artesáns e tradicionais xunto con produtos galegos.
PROGRAMA
DIA 24 XULLO, MÉRCORES
21,30 H. ACTO DE INAUGURACIÓN DO XVI ENCONTRO CO VIÑO DE AUTOR ,esta edición contaremos coa presencia Sr. Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e a Alcaldesa de Meaño e outras personalidades.
Fará de pregoeiro, PEPE PENABADE actor galego de cine e televisión, participando en series e películas como Pepe o Inglés, Padre Casares, Matalobos, Terra de Miranda,
Mareas Vivas, A mariñeira, Vacas porcos e zapatos de tacón, o marco, as farolas, Pataghorobí, Chapapote ou non.. , 23F
O finalizar este acto farase entrega de un recoñecemento de esta asociación de bodegas o enxeñeiro agrónomo D. Julian del Caño Abad pola súa labor desenrolada para axudar a viticultores e bodegueiros pequenos e por axudar a fundación da nosa D.O. RIAS BAIXAS.
Seguidamente terá lugar a apertura de stands para a degustación dos nosos viños e de outros produtos da terra.
Acompañará este acto o grupo de gaitas PENAGUDA DE DENA.
DIA 25 XULLO, XOVES
11,30 Horas., Apertura de stands ó público.
13, 00 Horas. túnel do “Viño de Autor”
20,00 Horas. FESTIVAL DE BAILE REXIONAL “VIÑO DE AUTOR – 2013 Organizado pola ASOCIACIÓN CULTURAL PENAGUDA, actuarán:
- AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA PENAGUDA DE DENA co
- GRUPO DE BAILE DE LEIRA DE ORDES
21,30 HORAS, CONCURSO DE CANTO DE TABERNA, os gañadores serán premiados con
1º premio 100 €
2º premio 75 €
3º premio 50 €
DIA 26 DE XULLO, VENRES
11,30 Horas., Apertura de stands ó público.
22,00 HORAS. II CAMPIONATO DE DEBULLAR MILLO A MAN, como se facía antigamente, os gañadores serán premiados con
1º premio 100 €
2º premio 75 €
3º premio 50 €
23,00 HORAS. Presentación do disco a cor do son, do grupo
- FOLK QUODLIBET
- AS MAIANAS PANDERETEIRAS
DIA 27 DE XULLO, SÁBADO
13,30 HORAS, Todos os profesionais (distribuidores, restauradores) que se acheguen a Meaño estarán invitados a degustar os viños da ASOCIACIÓN DE BODEGAS ARTESANAS - RÍAS BAIXAS, Poderán facer visitas ás bodegas da Asociación. Tamén faremos encontros e propostas comerciais.
VI CAMPIONATO DE FONDAR BARRILES, os gañadores serán premiados con
1º premio 100 €
2º premio 75 €
3º premio 50 €
22,00 HORAS. ACTUACIÓN DO GRUPO AÑORANZA, acompañados de MADIALEVA PANDERETEIRAS
DIA 28 DE XULLO, DOMINGO
11.30 HORAS. Apertura de stands
20,00 HORAS. CATA dos viños participantes no XVI VIÑO DE AUTOR.
21,00 H0RAS. FINAL VI CAMPIONATO DE FONDAR BARRILES
Nesta edición do, XVI ENCONTRO CO VIÑO DE AUTOR, todos os días haberá filloas, polbo, orella, ostras empanada, mexillóns, chourizos. xamón, queixo, pementos de padrón e outros produtos, entre os que cabe destacar os SUSPIROS DE MONXA CON PAN DE MILLO.
23,00 HORAS. ENTREGA DE PREMIOS
ASOCIACIÓN DE BODEGAS ARTESANAS, agradece a tod@s colaboradores, participantes, visitantes, artistas, etc… que nos axudaron ó longo de estes16 anos, e que fixeron que este Encontro co viño de Autor se consolidase como unha feiras mais importantes do viño artesanal de Galicia. GRAZAS.
Comunicado enviado por la Asociación